¿En qué consiste “PonteInGames”? Información sobre o evento

«PonteInGames» será a primeira edición dun evento de videoxogos en Pontevedra que tocará tres aspectos deste mundo. Conferencias e charlas sobre videoxogos, eventos competitivos e programación por streaming destes campionatos.

¿Cándo é «PonteInGames» e ónde?

O programa “PonteInGames” terá lugar os días 2/3/4 de decembro no Pazo da Cultura de Pontevedra.

¿En qué consistirá «PonteInGames»?

A programación de PonteInGames é a seguinte.

¿Podo ir no día ou teño que inscribirme?

No caso das charlas pódese asistir sen avisar (ata completar aforo). No caso dos eventos competitivos convén avisar por mail a volvemosaprimeraproducciones@gmail.com , indicando idade e nome completo. No caso de non avisar e completarse aforo poderá darse o caso de non poder entrar por ter completos os aforos. É importante en caso de non inscribirse estar puntual no inicio da xornada da tarde.

¿Teño que ser maior de idade?

O evento está dirixido a tódalas idades. Calquera persoa no caso de participar nos eventos competitivos terá que firmar alí mesmo unha autorización de dereitos de imaxe (polos eventos emitidos por streaming). En calquera caso para máis información podes escribir a volvemosaprimeraproducciones@gmail.com

¿Qué xogos haberá nos eventos competitivos?

O venres 3 haberá estacións de Rocket League (PS4), Mario Kart (Switch) e Age of Empires 2 (PC)

O sábado 4 haberá estacións de Smash Bros (Switch) e Fifa 22 (PS4)

*Tamén haberá alguna estación de xogo para xogar sen competición.

¿Qué normas terán os torneos?

Os eventos competitivos terán sempre unha filosofía amistosa e participativa, salvo casos como Smash Bros (que terá normas oficiales baixo a plataforma Smash GG), o resto de torneos levaranse a cabo en rede local e acorde ao número de participantes. Pechando a participación media hora despóis da apertura de portas do recinto.

No caso de Fifa serán partidos de 1VS1 con equipo escollido en cada partido, en formato de cadro final cun límite de 16 participantes.

No caso de Rocket League serán partidos de 1VS1, en formato de cadro final cun límite de 32 participantes.

No caso de Age of Empires 2 serán partidas de 1VS1, en formato cadro final cun límite de 6-8 participantes.

No caso de Mario Kart levarase a cabo un sistema de puntuación continuo, con partidas de 4 a 8 xogadores simultaneos, as maiores puntuacións terán acceso ás finais o limite de participantes será de 32 persoas.

¿Terán premios os eventos competitivos?

Os premios non serán económicos. Haberá trofeos PING e merchandising cortesía de “Percalandia” para primeiro e segundo clasificados, pizzas de Dómino´s para os mellor clasificados y vales de compra na tenda “Pontesat”

¿Qué podo facer mentres outros xogan?

Habilitaranse zonas de espera no recinto e dependendo do día haberá actividades paralelas. Tamén estará disponible a exposición de MUVI. En calquera caso participando nos eventos será necesario estar atentos aos turnos para no interrumpir o ritmo do torneo.

¿Onde podo seguir as novidades do evento?

A mellor forma de seguir a actualidade e saber as charlas e eventos que se levarán a cabo e a través de Twitter (https://twitter.com/PonteInGames)

Un comentario sobre «¿En qué consiste “PonteInGames”? Información sobre o evento»

Deja un comentario