“Galicia Gamer” é un programa de xornadas sobre videoxogos, apoiado polos fondos Xacobeo 21-22 e promovido por “Volvemos a primera, producciones audiovisuales”. Tratará de poñer en valor novas creacións galegas no mundo dos videoxogos á vez que se levaran a cabo eventos competitivos.

Cando é “Galicia Gamer” e onde?
Os eventos de “Galicia Gamer” serán:
23 de novembro (Vilagarcía – Espazo Xove)
25 de novembro (Betanzos – Espazo Xove)
26 de novembro (Lalín – Espazo Xove)
En que consistirá “Galicia Gamer”?
Durante as mañás as xornadas contarán con charlas presenciais e online de creadores e creadoras de videoxogos galegos. Ás tardes en cada Espazo Xove montaranse estacións de xogo onde se levarán a cabo campionatos de pequeno formato abertos ao público para participar. As finais destes campionatos serán emitidas en directo a última hora da tarde.
Programación por espazos:



Podo ir no día ou teño que inscribirme?
No caso das charlas pódese asistir sen avisar (ata completar aforo). No caso dos eventos competitivos convén avisar por correo electrónico a volvemosaprimeraproducciones@gmail.com , indicando idade e nome completo. No caso de non avisar, só se poderá acceder ao evento se o aforo non está completo.
Teño que ser maior de idade?
O evento está dirixido a mozos e mozas de entre 14 e 30 anos. Calquera persoa que participe nos eventos competitivos terá que asinar alí mesmo unha autorización de dereitos de imaxe (polos eventos emitidos por streaming). Para máis información podes escribir a volvemosaprimeraproducciones@gmail.com
Que xogos haberá nos eventos competitivos?
En Vilagarcía xogarase a Fifa 21
En Betanzos xogarase a Dragon Ball ZFighters e Rocket League
En Lalín xogarase a Smash Bros, Fifa21 e Age of Empires 2
*Tamén haberá alguna estación de xogo para xogar sen competición.
Onde podo seguir as novidades do evento?
A mellor forma de seguir a actualidade e saber as charlas e eventos que se levarán a cabo e a través de Twitter (https://twitter.com/Galicia_Gamer)